1/5/07

PIROMANÍA

It's better to burn out
Than it is to rust
(Neil Young.- "Hey, hey, my, my")

Cara as cinzas polo lume: transfiguración e morte reloucando no intre das lapas. Alternativa ao óxido. Ti e máis eu: faiscas nos beizos, palla na pel, auga que baila na plancha da lareira. A noite feita intre, a cama feita altar. Kalíkrates e Aysha á procura da eternidade. Amor, ou o que sexa, contra as aritméticas da desesperanza cotián.

2 comentarios:

Raposo dijo...

E o desexo prendendo lume nas sabas.

Anónimo dijo...

Pequeno Homenaxe a MARÍA MARIÑO (que se non é por mín, neste blog tan "galeguista" pásase o día das nosas letras polos ... ).

Naceu en Noia no ano 1918.
Despois de vivir en varios sitios de Galicia e de fóra, sobre o ano 1948 asentouse no Courel, onde morrería prematuramente no ano 1967.
No 1963 publica "Palabra no Tempo", libro que esperta grande atención da crítica doutros poetas, aínda que o público en xeral apenas a percibiu. Moitos anos despois, xa en 1990, o Concello de Noia publicou o seu inédito "Verba que comenza".

Trátase dunha poeta totalmente fóra da vida literaria, próxima por veciñanza, amizade e poesía a Novoneyra, que presentando o seu libro dicía: "En M.M. confírmase o mito da profundidá da alma galega. Angustia, Espranza, Memoria, Nostalxia e Arelanza: todo o mundo do esprito. Unha poesía de son esencial -muitas veces no xeito da canción popular e sempre no estilo de Galicia que é o estilo da fala- donde o misterio nos chega".

Mais segundo Ramiro Fonte, con quen cadramos conformes, tamén "foi resaltada en exceso a súa relación con Novoneyra", pero "María Mariño brilla con luz propia, e o seu mundo lírico é un dos máis persoais entre os poetas galegos da posguerra. É coincidente co poeta do Courel o tema propiciado pola serra e o seu cosmos, a ansia de ver o seu 'ser' transcendido no ámbito da Natureza. (...) Pero se en Novoneyra nunca adiviñaremos se quen fala son os ecos silentes da terra ou o poeta, na nosa poetisa sempre se escoita a voz do eu empírico na súa máis intrínseca esencia do existir".