9/12/07

AESTUS

mira
qué horizontes derrotas nos meus peitos
qué camelias estoupas
na miña pel a flor de alma
de bico en bico
trabando xofre
lambendo vida
coma un animal

sinte
ese mar extraño
que me desarmas entre as pernas
que me imbas a bautismos
pleamar que me procuras
entre os pétalos
cálice adentro
alí
onde atesouro
cen mi primaveras íntimas