9/12/07

AESTUS

mira
qué horizontes derrotas nos meus peitos
qué camelias estoupas
na miña pel a flor de alma
de bico en bico
trabando xofre
lambendo vida
coma un animal

sinte
ese mar extraño
que me desarmas entre as pernas
que me imbas a bautismos
pleamar que me procuras
entre os pétalos
cálice adentro
alí
onde atesouro
cen mi primaveras íntimas

7 comentarios:

O Raposo dijo...

Os teus poemas si que desarman (no bon sentido) a calquera.
Apertas.

Silvana dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Beluka dijo...

fermoso, e moi poderosos os paralelismos do mar :) gústame
apertas!

A Conxurada dijo...

Creo que nada que apuntar ao xa citado, gostei e punto.

Silvana dijo...

Felices festas!!.

Silvana dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Paulo Tomás Neves dijo...

Obrigado pela visita.
Muito poderoso este poema.
Feliz Natal!