17/2/07

UNHA IMAXE E UNHA MÚSICA

Un só xinete no horizonte, onde a chaira bica un ceo enfeluxado de grises. Os derradeiros restos do sol son devorados polo sangrante oeste, e as trebas dunha noite fatal precipítanse no mundo desde un profético leste.
Escóitanse os primeiros compases do terceiro movemento da Quinta Sinfonía de Beethoven.
E o xinete segue a se achegar...

VERSOS PARA UN BLUES

Pregúntalle ao diaño
por qué non podo durmir.

Vai e pregúntalle ao diaño
por qué non podo durmir.

As miñas mans ulen a el e a whiskey,
os meus beizos aínda saben a ti.

ROMA

Eu serei
Nerón
e ti
a miña Roma.
E no lume que te prenda
cantareite
e amareite
transfigurada.