17/4/07

AGORA

Agora
os cairos da rosa asoman
contra a pel que treme
a flor de alma.

Agora
tiro das redes da memoria
rescato xoias entre celofanes
e chamo por ti.

Agora
pecho os ollos e abro as veas
-sangue coma rosas,
espiñas coma luces-
porque todo sobra
agora
que faltas ti

1 comentario:

O Raposo dijo...

Agora e sempre a poesía é unha boa terapia contra a usencia.