tag:blogger.com,1999:blog-1778429629098308859.post6507677413492943963..comments2010-12-14T00:58:04.402+01:00Comments on BITÁCORA DO PEQUOD: PIROMANÍAR. A.http://www.blogger.com/profile/12872657313504774933noreply@blogger.comBlogger2125tag:blogger.com,1999:blog-1778429629098308859.post-90560779147049231022007-05-23T12:01:00.000+02:002007-05-23T12:01:00.000+02:00Pequeno Homenaxe a MARÍA MARIÑO (que se non é por ...Pequeno Homenaxe a MARÍA MARIÑO (que se non é por mín, neste blog tan "galeguista" pásase o día das nosas letras polos ... ).

Naceu en Noia no ano 1918.
Despois de vivir en varios sitios de Galicia e de fóra, sobre o ano 1948 asentouse no Courel, onde morrería prematuramente no ano 1967.
No 1963 publica "Palabra no Tempo", libro que esperta grande atención da crítica doutros poetas, aínda que o público en xeral apenas a percibiu. Moitos anos despois, xa en 1990, o Concello de Noia publicou o seu inédito "Verba que comenza".

Trátase dunha poeta totalmente fóra da vida literaria, próxima por veciñanza, amizade e poesía a Novoneyra, que presentando o seu libro dicía: "En M.M. confírmase o mito da profundidá da alma galega. Angustia, Espranza, Memoria, Nostalxia e Arelanza: todo o mundo do esprito. Unha poesía de son esencial -muitas veces no xeito da canción popular e sempre no estilo de Galicia que é o estilo da fala- donde o misterio nos chega".

Mais segundo Ramiro Fonte, con quen cadramos conformes, tamén "foi resaltada en exceso a súa relación con Novoneyra", pero "María Mariño brilla con luz propia, e o seu mundo lírico é un dos máis persoais entre os poetas galegos da posguerra. É coincidente co poeta do Courel o tema propiciado pola serra e o seu cosmos, a ansia de ver o seu 'ser' transcendido no ámbito da Natureza. (...) Pero se en Novoneyra nunca adiviñaremos se quen fala son os ecos silentes da terra ou o poeta, na nosa poetisa sempre se escoita a voz do eu empírico na súa máis intrínseca esencia do existir".Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-1778429629098308859.post-67811598275755052622007-05-02T01:21:00.000+02:002007-05-02T01:21:00.000+02:00E o desexo prendendo lume nas sabas.E o desexo prendendo lume nas sabas.Raposohttps://www.blogger.com/profile/12947432100292264750noreply@blogger.com