18/2/07

LOLITA

O teu sorriso,
qué derroche de caramelos,
qué desbordamento de adolescencia,
cántos anaquiños de margaridas
en pirotecnia
a salpicárenme,
a facérenme
sentir un pouco Lewis Carroll
fitando nos teus ollos
castaños
coas pálpebras pintadas de mar en vacacións.
Primavera inconsciente dos invernos que derrete,
cachorriña de muller,
peiteas e despeiteas -agora coleta,
agora non-
o teu facho de morangos,
melena menstrual,
vértigo de quásar afiado de horizontes
e abeirado de urxencias.
E en derredor de tal bandeira
estrágase o universo,
suicídase a noite
-¡apocalipse! ¡apocalipse!-
e demite o Paraíso
irrevocablemente.

2 comentarios:

lúa dijo...

gracias pola túa visitiña.

entro aquí e vexo que o meu blog xa está enlazado. farei o mesmo, por simple e puro costume blogueiro de por o enderezo de quen me visita, e tamén porque me parece que esta bitácora é de desfrute lento e pausado.

irei entrando pouco a pouco en tódolos sitios en momentos de dedicación temporal.

A Conxurada dijo...

Este poema tráeme lembranzas, melancolías, eu sempre quixen ser unha lolita, ben, diría que o fun, pero non tan cruel, só cruel na vanidade.
"Primavera inconsciente dos invernos que derrete"..precioso verso.