12/8/09

FADO CONDENA

agora
que xa sei que o lume queima
agora
que o futuro xa murchou
agora
que só nos queda esta inercia
e apenas un silencio de tambor
agora
vou pechar as portas do meu peito
cadea de por vida
delincuente corazón
voulles negar teito ás andoriñas
pétalos de tedio
non me quere non me quere
repite a miña flor

6 comentarios:

A Conxurada dijo...

Eu non lle daría moito creto a unha flor.

Fermoso texto.

. fina flor . dijo...

adorei 'o silêncio de tambor'.

obrigada pela gentil visita, querido, volte sempre que quiser

beijos

MM.

Raposo dijo...

Mentres quede esta inercia está ben. A inercia lévanos o instinto e o instinto é do mais importante que temos.
Gustei do poema.

Auréola Branca dijo...

Não feches a porta do teu peito, caro amigo. O amor ainda está aí, vivo, pulsando para nós...

Sabela dijo...

non, as portas de peito nunca se deben pechar!

fgul dijo...

bufff, eche o que teñen as flores! xd