27/12/09

BENVIDA

chegaches? un nome e unha cifra ou se cadra nunca porque a tristura e ti cheguei ás veces vexo flores arterias abaixo e música de Monk cando o futuro tropeza bébedo ficarás? ceo de lousas mais con certeza e alba e viño morno e dezasete lobos non sei ata cando de xeito que ela ou se cadra nada e almanaques coma incendios sempre e cando lóxicamente por suposto de tanta ferralla baixo o vendaval se quixeras se ti quixeras leviatán orquídeas vinte en espadas tras dos pasos de Deméter por Arizona e Bucarest fiestras adentro entrañas afora mais el non quererá

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Deixa escapa-la tristura cunha grolo dese viño quentado polo sol e boa compaña.
. Unha aperta
Jean Bish

juan bello dijo...

muchas gracias. tampoco se está mal por aquí.

Caracolina dijo...

a intenção era ser um texto com palavras aleatórias, ou eu que não entendi o sentido dele?

R. A. dijo...

Non de todo aleatorias, mais con certa apariencia de aleatoriedade; de disparos ou fogonazos que, dalgún xeito, tentan debuxar unha sensación. Esa era a intención, non sei se acadada.
Grazas pola visita.