27/6/07

FADO DO DESESPERO

Alá vai xa todo o lume
Nin tan só borrallos fican
Ben curta foi a quentura
E ben longa a noite fría

É ben longa a noite fría
É ben lonxe a túa rúa
Onte patria dos meus pasos
Que hoxe moran na amargura

Que hoxe moran na amargura
Tras dos espellos salgados
Corazón coa vela arriada
Naufragando aos pés dos faros

Naufragando aos pés dos faros
Afogando de lembranzas
En silencio vou morrendo
Desta morte que non mata

Desta morte que non mata
Deste inferno feito xeo
Alá vai xa todo o lume
Fica apenas fume negro

2 comentarios:

Anónimo dijo...

O DESESPERO NON ESPERA. MAIS CHEGA A BRISA DA MAÑÁ PARA AXUDAR A ESVAECELO CO CALOR DO MENCER.

UN SAUDIÑO SUBTERRÁNEO

Silvana dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.