fiestra pechada onde as ondas minten pleamares e seica andazos mortais terrible acougo de celofán e agora escoitaremos o pronóstico do tempo mais ela nunca saberá sempre foi nunca nalgures unha illa chea de futuro e o piano e o contrabaixo e o blues de gorxa en gorxa aínda agardaremos un chisco porque hai paxaros de ollos felices e mañá sempre chega para morrer onte mais ela tampouco saberá e o anxo de deus presentouse ante maría e moitas cousas máis moitas cousas máis chanzos abaixo da escaleira infinita que desbarata ventos mornos na costa e maruxía onde o corazón non chega nunca

2/3/07
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
gústame esta forma de vomitar palabras...
igual che copio a idea algún día.
graciñas polos teus ánimos e a túa visita.
seguirei paseando por estes lares.
"Fíjate en esa rosa
tirada en el camino,
sucia, rota y fría.
¿Has visto alguna cosa
más triste que el destino
de nacer poesía
para morir prosa?
"
Jo... Todavía estoy descubriendo estos bonitos comentarios.
Un beso.
Atopo casualmente esta bitácora e nela un feixe de bos post que un agradece ler e meditar.
Parabens polo blog e volverei asomarme por aquí.
Publicar un comentario