18/3/07

SEMPRE CHOVE

Pecados fermosos coma flores,
luces que non deixan ver,
bágoas que dan risa,
coarenta moedas por un bico
e un primoxénito pola túa fe.
Arden de panos os peiraos e as estacións
e chove,
sempre chove,
para que sexa posible o mar.

1 comentario:

O Raposo dijo...

"Sempre chove, para que sexa posible o mar".
Fermoso, pensarei nestes versos.