27/3/07

GOMORRA

As mapoulas aderezan o teu cabelo mentres están a derrubar as murallas de Xericó. Saboreo os teus beizos -bico a bico, trabada a trabada- namentres Abel cae morto por Caín.
Mais a túa pel, miña xoia, concentra agora a miña atención. Percórrote coma peregrino debecente, santificando pecados e procurando refuxios para a miña torpe lingua.
Afora, cae o diluvio e non retorna a pomba de Noe. Aquí dentro, sobreviviremos da carne e das salivas ata que o anxo terrible visite o noso fogar en Gomorra.

2 comentarios:

O Raposo dijo...

Eu sempre preferín vivir en Gomorra antes que no Paraiso Terrenal.
Bukowski preferería o mesmo.

Leicca dijo...

:-D