11/10/07
CELEBRACIÓN
Hai un chisquiño que atropelaron ao gato. O pobriño ficou esmagado na estrada. "Viva a velocidade", dixeron os ratos.
7/10/07
ENTERRADO NAS SOMBRAS, DUBIDANDO DA LUZ
Esto podería ser un conto. Podería escribirse un bo relato a partires desta historia. Mesmo unha novela. Mais agora será apenas un argumento, unha historia espida de máis artificios que servirá apenas para ser contada máis ou menos como a min me foi contada.
A primeira vez que escoitei esta historia era un cativo de uns seis ou sete anos. Sentaba a carón do me abó mentres el liaba tabaco negro. O can tiña conta das vacas. Meu abó falaba e falaba. Contoume todo tipo de historias; aquela foi a primeira vez que me contou esta. Só lla escoitei unha vez máis. Era unha historia de cando loitou na guerra civil, na fronte de Aragón. Meu abó loitou na batalla do Ebro, de onde voltaría cunha ferida no pé: unha bala que entrou e saiu dun lado a outro. Amosoume esa ferida varias veces. Naquela fronte, naquela guerra tamén loitou o abó dun dos meus mellores amigos. Podieron terse matado un a outro; non foi así e agora nós vivimos outros tempos. Esta historia non ten que ver có abó do meu amigo. Esta historia non ten que ver coa ferida no pé do meu abó.
Avanzando cara a Teruel tomaron unha pequena vila de onde se retiraran os milicianos. A vella igrexa fora feita cinzas, prendéranlle lume. Meu abó e outros soldados traballaron nas ruinas, tentando salvar as catro cousas que o lume deixara a medio arder. Rematando de mover pedras atoparon unha portela de madeira no chan, taponada cunha meda de pedras. Non eran pedras caídas no incendio, eran pedras postas a propósito para pechar a conciencia a porta. Abrírona e baixaron as escaleiras cun farol de gas. Abaixo había un home cáseque espido, noxento de cinza e pó, barbas longas, famento e medio cego ao sair na luz do día.
Non lembro canto tempo dixera o meu abó que levaba naquel burato. Semanas, longas semanas. A xente da vila dixera que cando prenderan lume á igrexa supuxeran que mataran ao cura. Non fora así: deixárano naquel burato, sen comida, sen auga. Bebera dun pequeno rego que se filtraba polas paredes desde o pozo da casa rectoral. Non comera nada nese tempo.
O capellán que ía coas tropas encargouse de asealo e darlle de comer. Ao día seguinte foi domingo e o cura rescatado cocelebraría a misa de campaña xunto có capellán castrense.
Montouse un pequeno altar de campaña a carón da torre que sobrevivira da igrexa en ruinas. Todos os soldados estaban presentes e tamén a xente da vila. Chegou o sermón, e o capellán deixoulle o turno ao cura rescatado. E chegou a sorpresa. Todos agardaban unha arenga para seguir a liberación de España do terror comunista, contra os roxos que foran quen de atentar contra un ministro de Deus. Non houbo tal. Meu abó contoume dun home que falou en voz queda e tremente. Agardades de min que vos fale de Deus e non son quen de tal nestes intres. Nerviosismo entre os oficiais, mirada estrañada do capellán. Non sei nin cantos días levo enterrado nese burato, sen luz, sen comida, bebendo a auga que lambía nas pedras... tentei procurar por Deus, chamei por El... mentiríavos se vos dixera que sentín a súa resposta. Non vos podo asegurar se hai ou non hai un Deus por riba de nós. Pasar polo que pasei faime dubidar do sentido deste mundo. Berrei coma Xesús na cruz e, coma el, sentinme abandoado polo Pai. Non son merecente de estar con vós nunha eucaristía.
Aínda lembro ao meu abó cando me contaba esta historia. Moi serio e interrumpíndoa para berrar instruccións ao can para termar das vacas. Os oficiais e o capellán dérono por tolo: un pobre home que pasara por unha situación límite. E sen dúbida que pasou por tal, pero o meu abó sempre lembraba a historia deste cura coma un antídoto contra as certidumes e seguridades excesivas. Naqueles tempos, naquelas condicións: un cura que rescatado polos salvadores da esencia católica da patria amosa en público as súas dúbidas de fe.
Lembrei a historia estes días lendo fragmentos do libro "Mother Teresa: Come Be My Light", con cartas de Teresa de Calcuta, recopiladas polo Reverendo Brian Kolodiejchuk. A escuridade, a falta de resposta de Deus, Xesús ausente, a desesperación de estar perdendo o contacto coa divinidade que lle dera luz e forzas para a súa laboura, unha heroina que xa non sabe ben se ten algún sentido final aquelo polo que loita "Dígame Padre, ¿por qué hai tanta dor e tanta escuridade na miña alma?".

6/10/07
VIAXE AO FUTURO
Un home volta ao futuro para reconstruir a civilización. Deixa tras de si, canda nos, unha flor que trouxo desde acolá. Leva canda si tres libros para cumprires tal mision. Tres libros.
Borges gustaba de lembrar estas dúas imaxes da historia de Wells. Tamén Ali. Ali chámase por nome completo Alasdair Scott; vive en Inverness, bebe cervexa ale, lee con devoción a Borges e a Bret Harte, xoga regular ao xadrez e obséquianos a algúns privilexiados coa sua amizade. A última vez que estivemos xuntos, baixando cervexa tras cervexa no pub The Phoenix, mentres tentaba salvar un erro na súa apertura italiana, Ali preguntoume pola historia de H.G. Wells. ¿Qué libros terías levado ti? Non o sei. Pode que me preocupase máis de qué flor traer desde o futuro.
Varias cervexas máis adiante, tras perder un par de veces no xadrez, Ali confesoume que tivera un soño desasosegante había tres noites: él viaxaba desde un pasado a un futuro, deixando atrás unha flor e levando consigo tres libros, e salvaba a civilización nese futuro. ¿E gañabas o amor da rapaza? Non lembro unha rapaza no meu soño. Pois o home de Wells voltaba por ela, non por salvar a humanidade. Eu non sei por qué voltaba: collía os tres libros e marchaba. Non semella desasosegante o tal soño. Pois érao. Ti non viches aquel futuro, nin sentiches a responsabilidade de escoller os tres libros.
Pedín outra pinta de McEwan's e Ali un vaso de Talisker. Supoño que me contarás qué tres libros levaches ao futuro. ¿Cales levarías ti? ¿Eu? Non sei, Ali, tres calquera. Pode que ningún. ¿Cales levaches ti? A Iliada, O Poema de Gilgamesh e un manual de esperanto. ¿Esperanto? Non sabía que falases esperanto. Non o falo, non teño tal libro: era un soño.
Con tal bagaxe bibliográfico o noso ben querido Ali erguía unha nova civilización miles e miles de anos máis aló da nosa. Non esperaba o do esperanto. Pregúntome cómo soarán os versos da Iliada en esperanto; hai tempo, xa demasiado tempo, unha rapaza leume un anaquiño da Iliada en grego. Foi nun cuartiño dunha pensión en Marsella. Gustárame o son das verbas. Pregúntome como soará en esperanto.
A historia non remata aí. Houbo máis: unha botella cunha carta nunha praia. Deso tamén tiven eu un soño. Non, non, non: o da botella xa non foi soño. Atopeina ao día seguinte, en Seilibost. De cando en cando Ali collía a bici e saía cara ás Hébridas: a percorrer millas, a esquecer algo, a lembrar a vivir. Seilibost é un lugar axeitado para eso, e para moitas cousas máis. ¿Atopaches unha mensaxe embotellada en Seilibost? Atopei. ¿E dicía...?
Ali deu un grolo ao seu Talisker e rebuscou nos petos da cazadora. Sacou un papeliño gastado e medio amarelo, no que as dobreces non foron quen de domar a tendencia a enrolarse. Púxomo nas mans e abrino. "Dankon pro savanta ni". Manuscrito, con letriñas xeitosas e de caligrafía adornada.
¿En qué está escrito? ¿Checo ou algo así? Non. Eu tampouco souben recoñecer o idioma de principio, pero Marion axudoume. Marion é unha rapaza de Glasgow que, de cando en cando, achégase por Inverness para tentar convencer a Ali de que é a muller da súa vida. Ali aínda non está convencido. Eu daría un brazo por que o tentase comigo. ¿E qué lingua é? Esperanto.
Claro. Esperanto. ¿Qué outro idioma podía ser se non? E Marion non só identificou o idioma; tamén llo traduxo a Ali. "Grazas por nos salvar".
De cando en cando fago unha escapada a Inverness. Por Ali e por fuxir de todo, ás máis das veces cara a Ullapool ou ás Orcadas. Non volvín a coincidir con Ali desde aquela noite. Non contestou aos dous ou tres emails que le enviei, e atopalo no móbil sempre foi misión imposible. Marion dí que agora tornou máis acedo e solitario. Nunca foi un terrón de azucre, Marion. Agora é peor que antes, podes crerme. ¿Virás ti por Inverness esa fin de semana? Non, pode que fique por aquí, teño chollo que rematar; se ves a Ali, dille que lle estraño. Direillo. E de paso pode que lle diga o ciumento que me fai sentir.
Non estaba Ali e Marion, efectivamente, tampouco. Os colegas do Phoenix dixeron que voltara a traballar un tempo en Aberdeen, pero ningués o sabía con certeza. Ninguén soubo darme noticias concretas do meu bó amigo Alasdair Scott. Ninguén sabía nada de cartas en botellas desde o futuro que chegaran ás costas das Hébridas. E ninguén falou tampouco de futuros en esperanto.
Somos moitos os que botamos de menos a Ali, e Marion non é das que menos. Nin tan sequera quedounos algunha flor dese futuro onde fuxiu.
4/10/07
TRAIZÓN
So daily I renew my idle duty
I touch her here and there -- I know my place
I kiss her open mouth and I praise her beauty
And people call me traitor to my face
(LEONARD COHEN)
todos os días
todas as noites
pregúntasme se te quero
e míntoche
para que o universo non trema
para que o mundo non remate
para que non chores
e todos os días
e todas as noites
pregúntome se non saberás
a clase de traidor que son
29/8/07
CARNE COMO A MIÑA CARNE
Carne como a miña carne
Fame como a miña fame
Chámasme Patroclo
Aquiles do meu tormento
Día tras noite
Noite tras día
Amordazamos auroras
En esgrimas tenrísimas
Gladiadores sen acougo
Na porfía
Do mel
Beizos coma praias
Preamares coma falos
Meu atleta zíngaro
Meu cravo
Meu xílgaro
E calas aos meus bicos
Con seculos fugaces
E rabuñas incendios no meu peito
Pirotécnias afiadas
Salaios incandescentes
Chámasme Hefestión
Alexandre do meu contento
E derrótasme doutra volta
E doutra volta somos
Felices coma diaños
Recén caídos do ceo
Fame como a miña fame
Chámasme Patroclo
Aquiles do meu tormento
Día tras noite
Noite tras día
Amordazamos auroras
En esgrimas tenrísimas
Gladiadores sen acougo
Na porfía
Do mel
Beizos coma praias
Preamares coma falos
Meu atleta zíngaro
Meu cravo
Meu xílgaro
E calas aos meus bicos
Con seculos fugaces
E rabuñas incendios no meu peito
Pirotécnias afiadas
Salaios incandescentes
Chámasme Hefestión
Alexandre do meu contento
E derrótasme doutra volta
E doutra volta somos
Felices coma diaños
Recén caídos do ceo
19/8/07
DESAPRENDIZAXE: LECCIÓN PRIMEIRA
mentimos amores por fame de sexo
mentimos praceres por fame de amor
cremos neses praceres por fame de sexo
cremos neses amores por fame de amor
mentimos praceres por fame de amor
cremos neses praceres por fame de sexo
cremos neses amores por fame de amor
TAMPOUCO HOXE
vértigo da tesoira polo inverno de zinc porque o silencio do teléfono vermello sabe a piano cego e tamén estaban aqueles nomes de muller borrados pola marea seica as faiscas feriron á noite nunca nunca mais tampouco agora e sobre as horas do reloxo de area a orquesta esvara paseniñamente decasete mil oitocentos cinco paxaros esquecidos e todas as praias nesta mañá e deus sentado nun trono falso e ninguén virá tampouco hoxe na procura de nós
18/8/07
TARBERT, HARRIS ISLAND, ESCOCIA (12-8-2007)
Brúa o vento tras das fiestras do Rockview Hostel e unha incesante e inmisericorde choiva cae sobre Tarbert. Afora, rúas silandeiras e desertas nun típico domingo nas Hébridas. Todo está pechado nesta vila, agás o Harris Hotel -onde fumos quen de almorzar pola mañá e tentaremos cear esta noite- e este pequeno "hostel" (albergue), onde un fato de vagabundos compartimos cociña, salón e dormitorio.
Hoxe, camiñar polas rúas desta vila mariñeira ten un aquel espectral; nin unha persoa polas rúas, nin un coche pola estrada. Onte sábado houbo unha pequena feira local onde poder saborear toda unha constelación de galletas e postres caseiros escoceses, para acompañar así unha boa cunca de té ou café. Tamén artesanía local, có inevitable e fermosísimo tweed que fan nesta illa de Harris. Faltaron os exemplares de gando da comarca, por mor das restriccións de movementos de gando tras os brotes de febre en Inglaterra, e perdemos así a posibilidade de ver exemplares desas vacas de pelo longo tan características destas terras. Non faltaron, por suposto que non, os gaiteiros engalanados con kilt para encher de música o campo da feira, respondendo as peticións dos parroquianos. Rematou o serán cunha animada rifa e subasta de productos das hortas.
Hoxe, pola contra, o silencio é total en Tarbert. O vento corre ceibe e salvaxe dunha beiramar á outra -o nome gaélico, Tairbeirt, significa istmo, que é o que esta vila ven sendo entre North e South Harris-, sen que nada máis lle faga competencia. Unha cidade pantasma onde mesmo as luces das casas fican apagadas, ou as contras das ventás ben pechadas, e onde os xornais do domingo non se poden mercar ata o día seguinte.
Para a xente das Hébridas exteriores o calvinismo radical da kirk (igrexa escocesa) é xa bastante máis que unha crenza: convertiuse en toda unha seña de identidade para unha comunidade onde calquera novidade recíbese, no mellor dos casos, cun escéptico erguido de cexa. Por iso o domingo, ou sabbath como eles o chaman, supón un absoluto detimento da vida: a xente fica nas casas e medita, durme, lé ou, sinxelamente, pasa o día en familia.
Aquí no Rockview Hostel, os viaxeiros que nos temos reunido aquí lemos, escribimos, estudamos mapas e durmitamos. Pronto empezan a repartirse cuncas de te e as conversacións anímanse.
Afora, só o vento e a choiva rompen un pocuo có silencio so sabbath.

30/6/07
CUMBERLAND, MARYLAND, USA (abril-2001)
Hai xa hora e media que o bus nos deixou nesta pequena parada preto de Cumberland, no noroeste de Maryland. Tan só piñeirais e terras de labor arredor de nós. Algunhas colinas no horizonte. Fai calor.
Somos arredor de dúas ducias de persoas agardando polo bus que nos tería que ter recollido aquí hai máis dunha hora rumbo a Charleston, West Virginia.
Seica houbo unha avaría, comentan as dúas empregadas de Greyhound que venden billetes e tamén despachan cafés, refrescos e sandwiches.
Unha parada inesperada que serve para que pouco a pouco vaimos falando entre nós. Condeados a sermos descoñecidos, este atranco nos achega un chisquiño.
Invito a un sandwich a Manuel, de Chiapas. Todos os anos cruza México enteiro e, despois,Río Grande cara o veciño do norte. Sempre hai traballo nalgures: o ano pasado fixo de mozo dos recados en varios bares de Georgia; este ano traballará facendo campos de golf en Carolina. Estivo un tempo preto de Washington, pero non gustou do chollo.
Manuel fala e fala, e así coñezo a súa muller e catro fillos que fican todos os anos na súa aldeiña de Chiapas agardando polos dólares que él fai. Con eso sacan adiante a colleita e o seu recunchiño de terra. Manuel ten vinte anos e apenas fala inglés. Colaboro coa súa libretiña gastada ensinándolle algunha verba ou expresión, que el anota tal e como se lería en español. O seu diccionario de viaxe.
Manuel non entende que eu viaxe só, nin que viaxe por pracer tan lonxe de Europa -"¿es verdad que allá en Europa todo es muy muy antiguo?"-, nin que con trinta anos non teña nin muller nin fillos.
Antes de comezar a charlar con Manuel, un velliño amish escoita o meu acento estranxeiro e pregunta de onde son. Un sorriso debúxaselle baixo os redondos lentes cando lle digo que de España. Os seus ancestros son de Suiza, infórmame, a carón do Imperio Austrohúngaro. ¿Estivo por alí? Non, aínda non estiven por alí. Segue a calor, mesmo a sombra. Pregúntome como aguanta este homiño co seu abotonado traxe negro, coroado de sombreiro tamén negro de feltro. Ao seu carón, a súa muller dormita apoiada na saca onde vai a súa equipaxe. Imos cara a Virxinia, a visitar a uns parentes. Cría que vostedes sempre viaxaban a cabalo ou en carruaxes. Sorrí e move a cabeza: só en desprazamentos curtos, nas nosas comunidades e arredores; para máis lonxe viaxamos no bus. De estación en estación, por Maryland, Virxinia, West Virginia e Pennsylvania un atopa moitos amish, todos de impoluto negro, todos carregando as súas equipaxes en sacas brancas, ningún achegándose a falar con estraños coma este velliño.
Horas despois, a noite xa caendo de camiño a Charleston, hai unha imaxe que fica comigo desde aquela parada en Cumberland: ela estaba sentada nun dos bancos de madeira xunto a caseta de Greyhound, ollos azuis moi claros, cáseque grises. Faciana pecosa, sorrí un chisquiño. Non aparenta máis de dezasete anos. El, tumbado no mesmo banco, a súa cabeza descansando no colo dela. Negro coma o azabache. Aínda semella máis noviño, aínda que máis alto. Durme. Ela, agarima o seu cabelo escuro e enrebichado, sorrindo un chisquiño. Todo o amor do mundo non cabería -ou se cadra si- nos ollos que ten fixos no soño del.
Definitivamente cae a noite mentres tento escribir dereito sentado no bus, lembrando a Manuel, ao velliño amish -esquecín o seu nome- e a parella do banco.

MENTIRAS DE CELOFÁN
Eso fago:
atesourar nas gavetas
mentiras de celofán
para ti
para que nunca chegues a saber
quen son eu
realmente
atesourar nas gavetas
mentiras de celofán
para ti
para que nunca chegues a saber
quen son eu
realmente
27/6/07
FADO DO DESESPERO
Alá vai xa todo o lume
Nin tan só borrallos fican
Ben curta foi a quentura
E ben longa a noite fría
É ben longa a noite fría
É ben lonxe a túa rúa
Onte patria dos meus pasos
Que hoxe moran na amargura
Que hoxe moran na amargura
Tras dos espellos salgados
Corazón coa vela arriada
Naufragando aos pés dos faros
Naufragando aos pés dos faros
Afogando de lembranzas
En silencio vou morrendo
Desta morte que non mata
Desta morte que non mata
Deste inferno feito xeo
Alá vai xa todo o lume
Fica apenas fume negro
Nin tan só borrallos fican
Ben curta foi a quentura
E ben longa a noite fría
É ben longa a noite fría
É ben lonxe a túa rúa
Onte patria dos meus pasos
Que hoxe moran na amargura
Que hoxe moran na amargura
Tras dos espellos salgados
Corazón coa vela arriada
Naufragando aos pés dos faros
Naufragando aos pés dos faros
Afogando de lembranzas
En silencio vou morrendo
Desta morte que non mata
Desta morte que non mata
Deste inferno feito xeo
Alá vai xa todo o lume
Fica apenas fume negro
13/6/07
NOITE (Capricho barroco)
Estixia lagoa de alabastro punteada.
Lúbrica serpe de swing meigo e enroscado.
Viaxe atónita ao corazón da ausencia.
Vértigo de anduriña afiado en amianto.
Luzbel caligrafiada a neóns e debezos,
a fames sen fondo, a estandartes blancos.
Escura soidade, deslumbrada e bébeda.
Utopía dos amantes, fogar da luz dos faros.
Fermosura criminal con rúbrica felina.
Mentira omnívora, grial do diaño.
Mañá fica lonxe, mañá nunca chega.
Agora é agora: noite, viño e pecado.

2/6/07
1/5/07
PIROMANÍA
It's better to burn out
Than it is to rust
(Neil Young.- "Hey, hey, my, my")
Cara as cinzas polo lume: transfiguración e morte reloucando no intre das lapas. Alternativa ao óxido. Ti e máis eu: faiscas nos beizos, palla na pel, auga que baila na plancha da lareira. A noite feita intre, a cama feita altar. Kalíkrates e Aysha á procura da eternidade. Amor, ou o que sexa, contra as aritméticas da desesperanza cotián.

17/4/07
AGORA
Agora
os cairos da rosa asoman
contra a pel que treme
a flor de alma.
Agora
tiro das redes da memoria
rescato xoias entre celofanes
e chamo por ti.
Agora
pecho os ollos e abro as veas
-sangue coma rosas,
espiñas coma luces-
porque todo sobra
agora
que faltas ti
os cairos da rosa asoman
contra a pel que treme
a flor de alma.
Agora
tiro das redes da memoria
rescato xoias entre celofanes
e chamo por ti.
Agora
pecho os ollos e abro as veas
-sangue coma rosas,
espiñas coma luces-
porque todo sobra
agora
que faltas ti
TAREFA IMPOSIBLE
describirte:
tarefa imposible que me asalta
a voz en verso,
a berros de lembranza,
e que deixo ir
calando
como calan as pontes na madrugada
tarefa imposible que me asalta
a voz en verso,
a berros de lembranza,
e que deixo ir
calando
como calan as pontes na madrugada
O AMOR: ... (sexa breve, por favor)
Incendiario,
delincuente
e nocturno.
Velaí o meu amor
en tres verbas.
Para ti
abóndame con unha.
delincuente
e nocturno.
Velaí o meu amor
en tres verbas.
Para ti
abóndame con unha.
HIMNO FÚNEBRE PARA O REI ARTUR (fragmento)
¡Cale xa a Primavera
e cese a eterna pompa
da breve Natureza!
Morreu Artur,
o bravo fillo de Pendragón,
a esperanza de Britania,
o noso Rei de Camelot.
e cese a eterna pompa
da breve Natureza!
Morreu Artur,
o bravo fillo de Pendragón,
a esperanza de Britania,
o noso Rei de Camelot.
15/4/07
Suscribirse a:
Entradas (Atom)