2/3/07

CHANZOS ABAIXO

fiestra pechada onde as ondas minten pleamares e seica andazos mortais terrible acougo de celofán e agora escoitaremos o pronóstico do tempo mais ela nunca saberá sempre foi nunca nalgures unha illa chea de futuro e o piano e o contrabaixo e o blues de gorxa en gorxa aínda agardaremos un chisco porque hai paxaros de ollos felices e mañá sempre chega para morrer onte mais ela tampouco saberá e o anxo de deus presentouse ante maría e moitas cousas máis moitas cousas máis chanzos abaixo da escaleira infinita que desbarata ventos mornos na costa e maruxía onde o corazón non chega nunca