todos eses nomes
que creáchedes para min
xa non servirán
nunca máis
agora
instruireivos na miña lei
revelareivos o meu poder
e ergueredes altares brancos
en intrincados templos
e darédesme en holocausto
ás vosas fillas e fillos
e saberedes así
que non haberá máis amor
que non haberá paraíso
e imploraredes por min
entre os anxos e o lixo
20/12/08
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
5 comentarios:
Moito levaba o Pequod sen navegar... que non remate o naufraxio.
Naufragada...naufragada de escondite en escondite recalo en éste. Y escucho, Te escucho. Una voz oceánica, dolorida, dolorosa...franca a veces, sinuosa otras.
Te enlazo, por tus desnudos.
Agradécese moito a súa volta.
Gústame esta rabia que sae das entrañas! Esa amenaza de mal dende o púlpito do poder. Un saúdo.
Te volvera a escribir
Publicar un comentario