mañá
hoxe será onte
será tarde
os coitelos saberán
os nomes das túas noites
un andazo de luces
fará noxo dos teus segredos
será tarde
suplicarás teitos baixo a saraiba
debecerás fontes
vomitarás sedes
non esquecerás nada
mañá
cando hoxe sexa onte
e o inferno aniñe
ben adentro
2/5/08
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
4 comentarios:
Ola, acabo de coñecer o teu blog, é moi interesante, teño que mirar todo maís atentamente. Bonito poema, moi reflexivo. Por certo, sacaches dalgún libro o nome de pequod, é que me sona e non sei de que. Unha aperta.
«non esquecerás nada»
não esqueci o caminho e voltei, e encontrei mais razões para voltar :-)
Encantoume, quizais porque estou nun día no que o mañá se me antoxa parecido ao inferno.
Permita-me entrar?
Sou brasileira e não entendo algumas palavras de suas poesias.
Mas, o conjunto me faz admirar-te...
"...Hoje será ontem
será tarde..."
Encantador!
Visitarei-te mais vezes.
Abraços.
Publicar un comentario