So daily I renew my idle duty
I touch her here and there -- I know my place
I kiss her open mouth and I praise her beauty
And people call me traitor to my face
(LEONARD COHEN)
todos os días
todas as noites
pregúntasme se te quero
e míntoche
para que o universo non trema
para que o mundo non remate
para que non chores
e todos os días
e todas as noites
pregúntome se non saberás
a clase de traidor que son
3 comentarios:
Levanarse pola mañá e descubrir que as verbas deste rincón literario retoman o seu camiño é un alicente para coller o día con ganas.
O poema tenro e cruel, produciume un desasosego, pensando que algunha vez eu me poida convertir nun deses traidores, ou que a persoa que teño ao lado xa o sexa.
Unha aperta.
Coincido en todo con A Conxurada.
Un saúdo.
Acabarase enterando, xa o verás.
Publicar un comentario