Carne como a miña carne
Fame como a miña fame
Chámasme Patroclo
Aquiles do meu tormento
Día tras noite
Noite tras día
Amordazamos auroras
En esgrimas tenrísimas
Gladiadores sen acougo
Na porfía
Do mel
Beizos coma praias
Preamares coma falos
Meu atleta zíngaro
Meu cravo
Meu xílgaro
E calas aos meus bicos
Con seculos fugaces
E rabuñas incendios no meu peito
Pirotécnias afiadas
Salaios incandescentes
Chámasme Hefestión
Alexandre do meu contento
E derrótasme doutra volta
E doutra volta somos
Felices coma diaños
Recén caídos do ceo
29/8/07
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
6 comentarios:
Interesante tratado, gosto da utilización de personaxes "clásicos", na miña adolescencia tamén eu me namorei de Hefestión, pero neste caso creo que es ti o gran emperador.
Fermoso poema e moi interesante final: "diaños recén caidos do ceo".
Curioso poema si senhor.
Unha aperta.
:)
Moito amor e moita pasión para que pasen os séculos fugaces.
Parebéns.
Publicar un comentario