18/4/08

O RETORNO DE RICARDO REIS

Déixame dicirche
Lidia
Aquí na beira do río
Nosas mans desenlazadas
Nosas almas quedas
Apenas dúas crianzas
Dous destinos nun só fío
Déixame dicirche
Que nada paga a pena
Que non hai auga para tanta sede
Nin pan para tanta fame
Que a vida pasa como pasa o río
Que duran as flores apenas
O que duran os nosos bicos
Mellor agardar espertos
Mellor agardar calados
Mellor deixar que fale o río
O que calen os nosos beizos
Déixame dicirche
Lidia
Que nada paga a pena
Agás este silencio atento
Dúas crianzas adultas
Sentadas ao sol
Aquí na beira do río

5 comentarios:

Mr Tichborne dijo...

Feliz regreso. Non volva a ausentarse tanto tempo!

Un saúdo.

Paulo Tomás Neves dijo...

excelente blog, vou, certamente, voltar muitas vezes :-)

O Raposo dijo...

O próximo retorno que sexa antes, porque vaia vacacións que te pillache, meu.
E volviches con forza porque o poema si que paga a pena.
Apertas.

Auréola Branca dijo...

Olá... Vim agradecer-te tua visita e elogiar tuas palavras.
Gostei da sua poesia. Na beira do rio, dois corações pulsam alegremente.
Abraços.

A Conxurada dijo...

Voltas con forza, agradécese.