1/11/07

PORQUE A NOITE VEN CEGA

porque a noite ven cega e famenta morrerás doutra volta por qué azucre chegarás hoxe por qué fiestra blasfemarás faros feliz andazo no centeo tolemia sacra de deméter sen perséfone asómate ao futuro pero agora e a voda sen noiva e o noivo sen remorsos coma aquel diaño ofertante ou aquel poeta cego ou todo o que deixaches cando non dixeches adeus cando non bailaches con el cando non foi si porque foi amén porque tamén o teléfono atrincheraba silencios aínda que un día fuches sara naquel pozo e décheslle de beber e el bebeu non esta noite porque esta noite ven cega como todas as noites como todas as mortes que morrerás añorando lavercas e lumes de xofre e un anaco de xiz

5 comentarios:

Raposo dijo...

A noite ven cega, pero vostede non.
Siga disparando verbas a discrección que van moi ben atinadas.
Apertas.

Mararía dijo...

Ben fermoso.

vermella dijo...

Bos disparos de palabras,nunca os tiros soaron tan atinados.
saúdos.

Mararía dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
milonga dijo...

vaia...

non sei explicar ... pero por ratos eu sintome como cousas que dis...


non o sei explicar...

pero gracias